Saturday 04 de May de 2024

Homenaxe e recoñecemento a Antón Fraguas Fraguas


 

Neste día o Concello de Ordes homenaxeou a figura do escritor Antón Fraguas, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Con tal fin instalouse unha ampla mostra de paneis ilustrados na biblioteca de Ordes onde detalladamente se pode coñecer a vida e obra do escritor. A maiores os nenos e nenas desfrutaron esta tarde do contacontos ‘Raposadas con Antonio’, que tivo lugar no auditorio da Casa da Cultura debido á chuvia.
Ambas as actividades contan co apoio da Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello de Ordes.